RAQUEL FERRADÁS
É bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid (2017) e o Grao Elemental de Ballet
Clásico nos Consevatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementando a formación con monográficos de coreógrafas e creadoras de primeiro nivel
nacional e europeo.
Actualmente coproduce Mesura, un solo para rúa, con AMARELO Distribución Escénica tras o programa de acompañamento a emerxentes Da Man, que
se estrena en maio 2024.
Baila ou bailou, entre outros espectáculos, en:
O Salón dos pasos Perdidos de Paula Quintas Cía desde 2023.
Mi me conmigo da Cía La Galga, 2023
Ludo da Cía La Galga, 2021
Entre almendras anda el juego de Aracaladanza, 2022
El Viaje de Cía Ballet Carmen Roche, 2016- 2018
Recreo de Cía Ballet Carmen Roche, 2016-2018
É premiada no Certame Coreográfico Compostela 2021 coa peza Ludo de Cía LaGalga e gañadora do Certamen Carmen Roche co dúo De mayor
quiero ser… e Los puntos suspensivos que decidas con Lydia Martínez.
Recibe o premio Recorrido SóLODOS no Festival SóLODOS En Danza Ourense 2024 ca peza Mesura.
MESURA
Dirección, coreografía e interpretación: Raquel Ferradás
Colabora: Media Punta Vigo
Vídeo e foto: Javier Costela Vázquez, Rocío Cibes, Aldara Cidrás, Lilian Portela, Manu Lago
Acompaña: Da Man un proxecto de AMARELO Distribución Escénica e Manu Lago
co patrocinio de Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego
Produce: AMARELO Distribución Escénica
Duración: 19 minutos
Espectáculo para rúa ou espazos non convencionais
Sinopse:
A vida lévanos ao cambio continuo. Na procura do equilibrio, sen pasarnos de máis nin de menos.
Mesura (sen coma) bailalle á espera nos diferentes momentos da vida.
O movemento reflexa a imaxe do mar, cando está en calma, tranquilo, e tamén cando as furiosas embestidas irrumpen sen previo aviso.
Mesura transmite a continua transformación dos mares desesperados que arrastran tristes penas e as fan avanzar, unhas veces de forma automatica e outras máis consciente.
Tráenos unha corrente de aire que tal vez afoga pero nos devolve un fresco aroma a salitre.
‘MESURA’ de RAQUEL FERRADÁS en Galicia Escena Pro 24, na Praza de San Martiño Pinario volve facerme pensar nesa relación única e incrible que teñen as bailarinas e os bailaríns de contemporáneo co chan, aínda que sexa de pedra dura. Raquel debuta con este solo no que a tensión da espera fai que o entorno monumental onde danza se transforme en mar, en barca, en ave, en ángulo que deriva a círculo da repetición dos xestos que parece deter o tempo. Velaí a suspensión da espera, non só na chamada, senón tamén nas rutinas circulares da repetición. Pero, por riba de todo, para min está a muller nova, as calidades, a beleza e a potencia do seu movemento e da súa expresión. Unha forza enorme, eu diría volcánica, que, non obstante, non se manifesta a través de staccatos nin dunha articulación segmentada nin enfática ou violenta, todo o contrario. Hai suavidade, delicadeza, fluidez, envolvencia... e, non obstante, unha enorme forza.
Afonso Becerra
CONTACTO
Compañía
Raquel Ferradás
raquelferravelo@gmail.com
654 396 191
Contratación
Lilian Portela
Amarelo Distribución Escénica
34 610 106 808
www.amarelo.es
lilian@amarelo.es